ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O convenio asinado pola Asociación de Dano Cerebral Sobrevenido/Adquirido (ADACE) de Lugo e a cadea de tendas para maiores Mundoabuelo contribuirá á mellora dos servizos asistenciais de todos os asociados da provincia. Este convenio prevé a aplicación de asesoramento gratuito na accesibilidade do fogar e a colaboración conxunta na organización de distintas xornadas e conferencias.
Adace-Lugo é unha asociación sen ánimo de lucro, de ámbito provincial, formada por persoas que están afectadas por un dano cerebral sobrevenido (DCS), as súas familias e outros colaboradores. A entidade xurdiu pola falta de recursos e atención a esta problemática existente na provincia, e pola iniciativa de colaboradores, afectados e familiares, que se unen cunha finalidade común: crear una institución para poder atender a todas las persoas relacionadas co DCS.