ADEGA demanda que se inclúa a protección dos humidais nas políticas sectoriais da Xunta

ADEGA demanda que se inclúa a protección dos humidais nas políticas sectoriais da Xunta

03 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Galicia é humida, non só pola meteoroloxía, senón pola súa configuración xeográfica. No noso territorio contabilízanse máis de 1.100 brañas, bosques humidos, lagoas e terreos que entran na categoría de humidais. Cinco deles, entre os que se contan as rías de Ortigueira e Ladrido inseridas no complexo húmido de Corrubedo; a lagoa e o areal de Valdoviño; o complexo intermareal Umia-Grove; e a ría d

A lista chámase como a cidade iraní na que en 1971 se asinou a Convención Internacional sobre Humidais. Foi un 2 de febreiro, motivo polo que onte se conmemorou o Día Mundial dos Humidais. A ocasión servíulle ás organizacións ecoloxistas galegas para reclamar medidas de protección para estes ecosistemas tan propios de Galicia. O secretario executivo de ADEGA, Fins Eirexas, salientou en Radiofusiòn a importancia dos humidais como recurso, non só acuífero.

Malia que a Administración galega xa conta cun inventario de humidais protexidos, recollido nun decreto aprobado o pasado ano, cómpre, segundo Eirexas, ampliar as zonas baixo vixiancia. Para isto, demanda que a conservación dos humidais se insira nas políticas sectorias do Goberno, especialmente nas que teñen que ver co urbanismo no litoral, onde están os ecosistemas máis sensibles.

Sociedade