Adestramento cerebral, en Fene

Adestramento cerebral, en Fene

07 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Reanúdase esta tarde o Ciclo de prevención da Dependencia que organizan os Servicios Sociais de Fene. A primeira charla de Outubro ofrécenna a logopeda Silvia Loureiro, e a psicóloga, Sofía Bellón, que falarán sobre “ Adestramento cerebral e vitalidade cognitiva”, a partir das 7,30 da tarde na casa da Cultura. O ciclo rematará en decembro.

A logopeda centrarase nos obxectivos xerais do coidador respecto ós pacientes con demencia, a importancia da estimulación cognitiva, a comunicación verbal e non verbal e as actitudes positivas que sempre debe adoptar o coidador cos pacientes. A psicóloga Sofía Bellón falará do locus de control, a expectativa de autoeficacia, a asertividade e o autocontrol emocional.

Sociedade