ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O éxito da pasada convocatoria celebrada en Cospeito, na que moitos interesados quedaron en lista de espera, fixo necesario organizar a 2ª edición de “Adestramento de cans Border Collie de pastoreo” que se celebrará este sábado no Concello da Fonsagrada. Gandeiros de Lugo e doutros puntos da Comunidade e mesmo do resto da xeografía española tomarán parte nesta xornada para perfeccionar as súas técnicas de pastoreo con cans
A Deputación de Lugo ofrece a todos os gandeiros da provincia unha nova oportunidade de participar na xornada formativa gratuíta “Adestramento de cans Border Collie de pastoreo”, reedición da celebrada o pasado mes de novembro en Cospeito. Nesta ocasión, e ante o particular interese amosado polo Alcalde da Fonsagrada, Argelio Fernández, en achegar ós gandeiros deste Concello e dos limítrofes dos seus contidos pensados para mellorar a eficacia dos traballos de pastoreo, este curso celebrarase nesta ocasión no concello fonsagradino.
O éxito da pasada xornada atraeu novamente a atención de gandeiros non só da provincia, senón tamén doutros puntos da xeografía galega e española, xa que a raza Border Collie ten máis que amosadas as súas capacidades para as labores de pastoreo, permitindo que un pastor acompañado dun só can poida dirixir rabaños de ata 700 animais.
O experto navarro Alejandro Ibarra Artus será novamente o encargado de impartir este curso centrado nas pautas a seguir para o entrenamento destes cans, que debe comezar entre os 5 e os 10 meses de idade, e sacar o máximo rendemento das súas aptitudes naturais. A xornada prolongarase en horario de mañá e tarde, de 9:30 a 13:30 horas e de 15:00 a 19:00 horas e contará cunha parte práctica, durante a que se poderá ver como traballan os cans e unha parte teórica coa que finalizará o día e que consistirá na proxección de vídeos.