ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Noelia Leiras non adestrará ao Maniños feminino a vindeira tempada. Pon fin a unha longa traxectoria deportiva, primeiro como xogadora e despois como adestradora. Anunciouno ela mesma en Radio Fene, onde fixo balance da tempada xunto coas xogadoras Lara Míguez Gorgullo e Antía Meis.
“Levo moito tempo no fútbol e necesito unha desconexión, ter tempo para min, reuninme a semana pasada co club e xa lles dixen que vou seguir animando desde fóra, tratáronme moi ben e vai ser a miña segunda casa”, declarou Noelia Leiras. Despídese logo de asegurar a categoría. “O noso primordial obxectivo era permanecer e cumprímolo, estou moi orgullosa delas, nunca baixaron os brazos”.
Moitas lesións
As lesións marcaron a tempada no Maniños feminino, coinciden Leiras, Gorgullo e Meis. “Tivemos varias lesións graves e complicounos a tempada, creo que merecemos a permanencia en Segunda”, sinala Lara. “As lesións prexudicaron bastante, pero estaban fóra do campo, animando”, Antía. As dúas destacan o bo ambiente no equipo.´Para Meis “o Maniños é unha piña, é a gran fortaleza”. “Un equipo competitivo, hai bo rollo e comunicación, é algo que me gusta”, opina Gorgullo que se sumou ao equipo na recen rematada tempada.
Publica o teu comentario agora