ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Emotiva despedida ás nenas e ao neno saharaui que gozaron do verán en Galicia grazas á solidariedade de cinco familias da comarca. A despedida oficial tivo lugar no Concello de Fene, onde se xuntaron as catro nenas e un neno que estiveron acollidos este verán en Fene, Ares, Mugardos, Miño e San Sadurniño.
Este ano, o primeiro tralo parentese obrigado pola pandemia, foron cinco as familias destes concellos que acolleron aos cativos saharauís dentro do programa Vacacións en paz. A concelleira de Servizos Sociais de Fene, Mari Carmen Martínez, explica que a solidariedade cos nenos e nenas saharauís segue viva, aínda que a pandemia e a situación económica afectaron nos últimos anos ao programa de acollida, que este ano, ademais atrasou a chegada dos cativos por problemas burocráticos. A estadía acurtouse así a mes e medio. Teñen previsto o regreso para o día 4 de setembro. Na emotiva despedida institucional, os cativos recibiron agasallos do Concello de Fene para que leven de volta á casa produtos de primeira necesidade como xel, xampú ou máscaras sanitarias.
Publica o teu comentario agora