ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Faleceu a concelleira do BNG e deputada provincial, Anxela Franco, natural de Porto do Son onde será enterrado hoxe ás oito da tarde. Representando ao ente provincial, hai tres anos realizou unha visita moi emotiva ao ceip Centieiras de Perlío.

Falece a concelleira nacionalista Anxela Franco. Natural de Porto do Son, era a responsible da área de Benestar Social e Igualdade da Deputación da Coruña. No 2016, cando visitou o colexio Centieiras de Perlío, era a presidenta da Comisión de Educación do mesmo organismo. Fora convidada polo entón director do centro, Antón Pena, ao programa “Contamos”. Lembramos que visitou Fene o 24 de febreiro, coincidindo co Día de Rosalía. (Na imaxe, con Antón Pena, Juventino Trigo e Amalia García Balado)
Anxela Franco falou naquela ocasión aos máis pequenos e pequenas do centro escolar, da súa vila natal, Porto do Son e do Castro de Baroña. Poñéndolle misterio ao relato, citou a cova, a lagoa, os piratas e os petroglifos e acabou convidando ao director do centro, Antón Pena, a levalos de excursión a Porto do Son. O acto rematou cun intercambio de agasallos. A deputada entregaralles un pilón de libros para a biblioteca e o centro entregoulle un cadro pintado por un grupo de alumnos e alumnas, un xesto que a emocionou moito. Antes de marchar, Anxela Franco, percorreu as instalacións do centro de Perlío mentres de fondo soaba "Adeus Ríos, adeus fontes". Unha bonita despedida hoxe para ela.
Publica o teu comentario agora