Adicada aos seus avós

Adicada aos seus avós
10 de Maio, 2022 - 11:55 h. | Publicada por Radio Fene

Ale de Paz cumpre 27 anos o vindeiro dia 25. A súa familia e amizades de Neda desprazáronse o pasado domingo a Ourense. Alí compartiron a ledicia pola consecución por parte do Pescados Ruben Burela da Copa da Raíña de fútbol sala. Se ten que adicarlle a alguén a Copa, adícalla aos seus avós, aos seus pais e a súa irmá.

ESCOITA O PODCAST:
Ale de Paz, xogadora do Pescados Rubén Burela F.S.

Xa non queda moito tempo para celebracións. O Pescados Ruben Burela debe volver aos adestramentos. O sábado ten un novo partido de Liga diante do Atlético Torcal. Pensan en xogar o play off polo título de Liga. Ale de Paz tamén conta con participar coa selección española no Campionato de Europa a comezos de xullo.

Deportes

Publica o teu comentario agora