A administración debe atender en galego

"A administración debe atender en galego"
05 de Novembro, 2023 - 11:53 h. | Publicada por Radiofusión

A administración debe atender en galego, salvo que haxa petición en sentido contrario, afirma a catedrática de dereito administrativo da Universidade de Santiago de Compostela Alba Nogueira. Por iso, as persoas aspirantes a prazas de funcionarios terían que acreditar capacidade expresiva en lingua galega na súa especialidade profisional.

Alba Nogueira e Manuel González nas Xornadas "Olladas no pasado"

Nogueira indicou que “os usos escritos da administración galega e local son en xeral en galego, pero non sucede iso cos usos orais na atención ao público”. A xurista reclamou tamén un maior compromiso para a utilización do galego na administración xeral do estado en Galicia. Participou nas Xornadas “Olladas no pasado” sobre os 40 anos de normalización lingüística que se celebraron o venres e o sábado no Pazo de San Roque en Santiago de Compostela, organizadas polo Centro Ramón Piñeiro.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora