ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Os Estados Unidos representan unha ameaza para España e o seu presidente, Donald Trump, constitúe un perigo para a paz mundial. Ante esta situación, o Goberno español debe explorar vías para reducir a dependencia de América do Norte. Estes foron algúns dos temas centrais abordados no faladoiro “Vellas novas”, emitido en Radio Fene Radiofusión. Durante a tertulia analizouse a petición da ONU de investigar o ataque de Estados Unidos e Israel contra unha escola de nenas en Minab (Irán). Segundo informou a BBC, o impacto dun misil causou a morte de polo menos 153 persoas —outras fontes elevan a cifra a 180— e deixou decenas de feridos, sendo a maioría das vítimas estudantes.

No plano bilateral, existe un enfrontamento de alta voltaxe entre a administración Trump e o executivo español. Pedro Sánchez leva un ano erixido como a voz máis discrepante con Donald Trump no seo da Unión Europea. Recentemente, Trump suxeriu a saída de España da OTAN e ameazou con cortar todo o comercio co país debido ás diverxencias en gasto militar e ao uso das bases estratéxicas.
Na imaxe Emilio Romero, un dos participantes en "Vellas novas".
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora