ADN cultural e musical

ADN cultural e musical
10 de Agosto, 2026 - 08:36 h. | Publicada por Radiofusión

O primeiro festival Noroeste Pop Rock ia ser inicialmente en Durmideiras ao aire libre, pero a ameaza de choiva obrigou a trasladalo ao Pavillón dos Deportes de Riazor. Naquela mítica edición de 1986 tocaron un total de 15 bandas, e grupos como Os Resentidos e Siniestro Total foron aclamados polos máis de 16.000 asistentes.

Unha orixinal mostra na Casa Casares Quiroga da Coruña fixo un repaso polos case corenta anos deste festival de música emblemático en Galicia. A exposición “Re-versions Noroeste”, organizada polo Concello da Coruña en colaboración coa asociación musical Nonito Pereira, xuntou a máis de 20 artistas actuais para elaborar obras arredor das portadas dos discos dos grupos participantes.

O Noroeste comezou como unha aposta polo talento novo, pero hoxe xa se transformou nun piar fundamental no ADN cultural e musical da Coruña e de toda Galicia. A edición deste ano pechouse na xornada de onte domingo coas actuacións no Portiño de Rey DJ, La Yaya DJ e Monkey Mambo Club

Cultura

Publica o teu comentario agora