ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Adiantase a adolescencia. “En comportamentos externos, a forma de vestir, deixar o xogo moi cedo, o tema das tecnoloxías axuda, a sexualización…”, obsérvase ese fenómeno que a pedagoga do Concello de Fene, María Xosé Paz, atribúe “á présa que temos por todo”.
“Facer cousas de adolescentes ou de mocidade en idades moi temperás. Queimar etapas, non gozar da nenez, dos xogos...todo iso trae malestar”. As familias teñen que estar preparadas. Por iso, o programa Acompañar no Reto de Educar dedicará a sesión do luns día 13 de maio ao tema “Malestar físico e emocional das nenas e nenos adolescentes. Sinais de alerta e sintomatoloxía”. Os síntomas psicosomáticos, enfermidades físicas, auto-lesións, riscos de sobre-protección, son algúns dos temas que se abordarán ás seis da tarde, no salón de actos da Casa da Cultura de Fene. Poden asistir familias de Fene, Neda e Mugardos.
Publica o teu comentario agora