Adolfo Ros in memoriam

A carreira discurre 20 kilómetros bordeando a ría de Ferrol.
26 de Novembro, 2018 - 02:15 h. | Publicada por Radio Fene

A Memorial Adolfo Ros- Volta á Ría ten saída e chegada este ano na Praza de España de Ferrol o próximo domingo 2 de decembro. O percorrido será de media maratón, a través dos catro concellos a un e outro lado da ría de Ferrol.

A XXXIII edición da carreira de media maratón “Memorial Adolfo Ros - Volta á Ría” celebrarase o vindeiro domingo 2 de decembro a partir das 10 horas e contará tamén con probas para categorías de menores. Organizada polo Concello de Ferrol, en colaboración cos Concellos de Fene, Narón e Neda, a inscrición permanecerá aberta na web www.carreirasgalegas.com ata o mércores 28 de novembro ás 23:59 horas. A cuota é de 4 euros e, para as carreiras de menores, gratuíta.

A saída e chegada terá lugar na Praza de España de Ferrol e o percorrido será de media maratón (distancia non homologada) 21.097 metros aproximadamente sobre asfalto, e discorrerá polos concellos de Ferrol, Narón, Neda, Fene e Ferrol. A proba está incluída no calendario da Federación Galega de Atletismo e o percorrido estará sinalizado como mínimo cada 5 kms. No mesmo, estableceranse controis, así como postos de avituallamento situados nos Concellos de Narón, Neda, Fene e Ferrol e estarán nos quilómetros 5, 10, 15 e 20 aproximadamente.

A proba está aberta a todos os atletas, federados ou non, sen distinción de sexo. En calquera caso poderán participar na media maratón os/as nacidos/as no ano 2001 e anteriores. Para as categorías de menores, estableceranse probas de menor distancia.

Deportes

Publica o teu comentario agora