ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
A Asociación Galega de Adopción de Exóticos busca un segundo fogar para animais como tartarugas, coellos ou hámsters. Falounos deste e doutros temas esta semana no espazo Radio Animal a veterinaria etóloga Noemí Graña.

Un dragón barbudo foi adoptado por Noemí. Viviu coa súa familia durante sete anos, ata que morreu. Algúns dos animais proceden de familias que xa non poden facerse cargo deles, outros son abandonados e ata hai casos como o dunha empresa que reproducía hámsters para vendelos. A empresa pechou e quedaron centos de hámsters aos que foi difícil buscarlles fogar, lembra Graña. Podes entrar en contacto coa Asociación Galega de Adopción de Exóticos (AGAE) nas redes sociais ou a través de info@asociacionagae.org
A colaboradora de Radio Fene tamén informou sobre a súa participación na feira Pata Pata celebrada a semana pasada na Coruña, e respondeu a distintas preguntas da audiencia de Radio Fene.
Publica o teu comentario agora