Adrenalina na casa

Adrenalina na casa
18 de Marzo, 2020 - 08:53 h. | Publicada por Radio Fene

Scratch Fene ofrece un curso on line sobre competicións de motor. Trátase de entreter na casa aos seguidores deste deporte.

ESCOITA O PODCAST:

A Escudería Scratch Fene ven de idear unha maneira de pasar o tempo na casa para os amantes ou curiosos do motor. Trátase de ofrecer un curso on line de iniciación á competición. O club fenés xa facía cursos presenciais puntualmente pero a crise do coronavirus obrigounos a suspender esta actividade. Polo tanto, lanzan a proposta coa intención de reunir a un mínimo de 100 persoas.

Edgar Vigo explica que igual que a xente da música se puxo a dar concertos na rede para que a xente na casa pase o mellor posible o encerro obrigado, eles pensaron en entreter ás persoas que gostan deste deporte. O proxecto é ofrecer clases con conceptos básicos sobre as competicións, o seu regulamento, a preparación dun rallye, a pilotaxe, consellos, etc. Pretenden ofrecer o curso on line polas tardes a través dun grupo de Facebook baixo os nomes de #quedanacasamotor ou #yomequedoencasamotor.

Deportes

Publica o teu comentario agora