Adxudican de novo a xestión da Pousada do Castelo de Soutomaior

Adxudican de novo a xestión da Pousada do Castelo de Soutomaior

19 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

A Deputación de Pontevedra, fixo hoxe pública a adxudicación da concesión da Pousada do Castelo de Soutomaior para dedicalo a establecemento de hostalería. A medida permitirá ao organismo provincial extraer un beneficio anual de 84.000 euros con respecto ós ingresos que viña xerando a actual adxudicataria.

“Ata o de agora”, explicou o presidente Rafael Louzán, “a Deputación tiña en Soutomaior unha concesión administrativa pola cal viñamos recadando aproximadamente 36.000 euros ó ano. Esta concesión debía revisarse e por iso buscouse o momento oportuno, seguindo a cláusula que establecía o contrato, para parala. Unha vez parada, púxose en marcha un novo concurso ó que se presentaron tres empresas”.

 

“Coas ofertas que se presentaron”, engadiu, “a Deputación pasará de ingresar 36.000 euros anuais a percibir unha cifra moi cercana ós 120.000 euros. Máis do triple do que viñamos ingresando, unha diferenza favorable de catorce millóns das antigas pesetas todos os anos. En definitiva, trátase dunha concesión a quince anos que nos permitirá extraer un beneficio anual de 84.000 euros”.

 

“Pero non só iso”, aclarou, “senón que, a maiores, nos garanten un investimento de 600.000 euros no acondicionamento esas instalacións, un investimento necesario para a Pousada, que precisaba dunha importante actuación de reforma, e que será levada a cabo integramente pola empresa adxudicataria, Ramysan”.

 

Institucional