ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Unha churrascada arredor do muiño do Pombal pechará mañán sabado en Maniños, as Xornadas sobre etnografía e medioambiente , organizadas por AETNA, amigos-as do rio Baa. Sobre o "Proxecto rios" falouse na primeira xornada; sobre Bezoucos e hoxe sobre as "embarcacións tradicionais na ria de Ferrol" co historiador Bernardo Máiz.
O historiador Bernardo Máiz é o convidado esta tarde nas Xornadas sobre etnografía e medioambiente organizdas por AETNA en Mañinos. As embarcacións tradicionais e as actividades do mar na ria de Ferrol, é o tema que se aborda esta tarde, ademais coa exposición das embarcacións tradicionais colgada no local da antiga oficina de Correos.
Mañán rematan as xornadas cunha festa no entorno do muiño do Pombal, en Maniños. O dia do socio reunirá dende as 7,30 obradoiros cun cesteiro, un seleiro e outro de vidro soprado. As 8 AETNA explicará no muiño os seus proxectos e dende as 8,30 comezará a churrascada.O domingo dia 5 de xuño, AETNA, vai de excursión a Parga para visitar o proxecto realizado aló baixo o nome “A rota da auga” e asistir á feira dos callos. A viaxe é aberta a quen queira. O prezo do bus e os callos ascende as 15 €.