ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
O coidado do solo pélvico é fundamental para evitar problemas frecuentes como a incontinencia ou a caída de órganos. Falamos da súa importancia co preparador físico e psicólogo José Barcia Tuccelli.

O solo pélvico é un conxunto de músculos e ligamentos situados abaixo da pelve. Por iso recibe ese nome. Funciona como unha hamaca, explicou Barcia Tuccelli. “Se está moi debilitada esta zona non cumpre a súa función e se está hipertrofiada tampouco”, advirte sobre un tema que segue a ser tabú. Recomenda a todas as persoas que teñan problemas de incontinencia que non o deixen pasar sen consultar a un profesional da sanidade.
Estes trastornos padécenos moitas persoas, sobre todo mulleres debido aos embarazos. Outras causas teñen que ver co sobrepeso, tos crónica, tabaquismo ou esforzos repetidos. Tamén pode ter que ver coa práctica de deportes nos que se xera presión no abdome. “Un impacto repetido sen control pode xeral problemas” coa práctica de deportes como baloncesto, cama elástica, tenis, paddle ou levantamento de pesos mos presión no abdome.
Publica o teu comentario agora