Afianza a posición

Afianza a posición
03 de Outubro, 2022 - 11:37 h. | Publicada por Radio Fene

O Cultural Maniños afianza a súa terceira posición na Primeira Galicia de fútbol. Conta con nove puntos, a un do líder, o Olímpico de Rutis. "O gol de Iván Amigo no primeiro minuto deunos confianza e fixemos unha primeira parte moi boa" salienta o míster do Pote Pablo Mesa. "Pero despois do descanso, caímos en certa relaxación, co paso dos minutos nos foron metendo atrás e ao final sufrimos moito" apunta o técnico.

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía: Xan Xe

O Val 0 - 1 Maniños.  "Puidemos chegar ao descanso con máis vantaxe" indica Mesa.

Deportes

Publica o teu comentario agora