Afondando na divulgación da historia

Afondando na divulgación da historia
05 de Febreiro, 2020 - 06:51 h. | Publicada por Radio Fene

Mazarelos. Revista de Historia e Cultura presenta o seu primeiro número en Ferrol. O acto, o xoves 6 de febreiro ás 20.00h na Fundaçon Artabria.

Cinema Fene ou Cine Franlaza

O cinema Franlaza de Fene acolleu nos anos da II República as intervencións dos galeguistas máis destacados do país, entre eles a Castelao. Así o defende Roque Sanfiz Arias, un dos editores da revista Mazarelos nun dos artigos incluídos no primeiro número en papel que acaba de ver a luz. Agora Mazarelos preséntase en Ferrol nun acto - o xoves 6 ás 20.00h- en Artabria (Travesía de Batallóns, Esteiro en Ferrol) no que participarán o propio editor de Fene, o investigador Eliseo Fernández e un dos colaboradores da publicación, José Carlos García Vega. Casualmente tamén é un fenés, Angel Fernández Hermida, o deseñador da edición en papel da revista que xa naceu hai un ano en soporte dixital da man de xoves graduados en Historia. A revista concita nos seus contidos aqueles traballos de investigación de colaboradores que respecten a rigurosidade e teñan en conta o xénero e o noso idioma na súa expresión.

  

Sociedade

Publica o teu comentario agora