Aforrando auga a golpe de calendario

Aforrando auga a golpe de calendario

18 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O Concello de Ordes, a través da concellería de Medio Ambiente, está a organizar varias propostas para celebrar o Día Mundial da Auga, o vindeiro martes 22 de marzo. Este ano este departamento decidiu traballar nunha campaña de aforro de auga elaborando un "Calendario de Aforro" que pretende sensibilizar á comunidade escolar ó tempo que se implica ós pais nos seus fogares, sobre a riqueza natural e cultural do auga e d

O calendario consiste nuha plantilla que recolle unha serie de hábitos negativos e positivos con respecto ao uso do auga.

A idea é facilitarlle tantos calendarios como soliciten os centros de ensino da vila en función d@s  alumn@s que queiran participar para que, unha vez nas súas casas, impliquen aos seus pais e sinalen durante unha semana, ao cabo do día, qué tipo de boas e malas prácticas sinaladas na plantilla levaron a cabo nos seus fogares. Unha vez rematada a semana e entregadas cumplimentadas as plantillas, poderase valorar a puntuación obtida, resultado de sumar os hábitos positivos e restar os negativos, e así comprobar o nivel de concienciación e sensibilización que existe respecto á conservación e uso racional deste recurso. 

Os centros participantes recibirán un CD do videoxogo "Os Sostibles, a aventura da auga" , facilitado por Augas de Galicia, que dun xeito educativo e interactivo fomenta o respecto pola natureza e o medio ambiente.

Sociedade