ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O mozo de Neda acusado da subtracción de tres autobuses en Ferrol agarda polo terceiro grao. Cumpre condena no penal de Teixeiro por unha causa previa. Desde a súa contorna, sinalan que os seus problemas de saúde mental dificultan a súa reinserción. O 1 de febreiro será trasladado desde o cárcere ás dependencias xudiciais de Ferrol para que tome parte en dous xuízos pendentes. O rapaz é natural de Neda pero a súa familia reside na actualidade en Narón, onde están empadroados. Desde o Concello de Narón non facilitan información sobre o caso e a intervención no mesmo dos servizos sociocomunitarios en cumprimento da Lei 7/2021 de protección de datos persoais.
A Garda Civil detivo ao mozo de 19 anos, despois de conducir sen carné varios microbuses en Ferrol. O xuíz decretou o seu ingreso na unidade de Psiquiatría do Marcide e posteriormente foi trasladado ao penal de Teixeiro. El mesmo solicitou en varias ocasións o seu internamento nun centro sanitario declarando que padece unha doenza mental.
Na imaxe, o alcalde de Neda Angel Alvariño, en Radio Fene
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora