ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
O Perla Mural Fest trae a Carlangas a Fene por primeira vez. “Hai tempo que estou coa cabeza no Perla Mural”, di o músico que promete, desde Radio Fene, un concerto “moi divertido. con moito baile e cheo de enerxía”.

Nunca antes actuara Carlangas en Fene, si en Ferrol. Mañá, sábado, reunirase, por fin, co público fenés no Círculo de Perlío, dentro da programación do Perla Mural Fest. Despois de Fene actuará no Gaiás, en Santiago de Compostela, onde medrou o músico nacido en Monterroso que subiu aos escenarios cando estudaba Xornalismo na Universidade Complutense de Madrid e xa nunca deixou a música, aínda que fai tamén algúns traballos nos medios de comunicación. “Eran moito máis divertidos os escenarios pero teño unha paixón especial pola radio, o meu achegamento ás ondas é moi estreito, aínda que a miña actividade principal sexan as ondas nunca abandonei ese romanticismo que ten a radio”, explicou.
Un verán nos escenarios
Carlangas ten por diante un verán cargado de actuacións. Viaxará por España enteira este verán desde o campamento base que ten instalado nas Rías Baixas. Sábado, 27 de xuño, Carlangas no Perla Mural Fest, en Fene. O día 2 de xullo, nos Atardeceres no Gaiás, en Compostela.
Publica o teu comentario agora