Agardando os Curuxas

Humor en Fene
07 de Novembro, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Museo do Humor Xaquín Marín entregará este venres os Premios Curuxa 2024. Cadrando coa entrega dos galardóns abrirase unha exposición cos debuxos premiados e unha selección de obras participantes no certame. A mostra poderá visitarse ata final de mes. Tamén comeza o ciclo de monólogos “Novembro, mes do humor”. A responsable do Museo do Humor, Almudena Marcos, deu detalles en Radio Fene da programación prevista. 

ESCOITA O PODCAST:

Adrián Dopico López recibirá o premio Curuxa. Lucas Sixto Carballeira o Curuxa Nova e Iván Mata Tamallo o premio da categoría Caricatura. Casualmente, todos eles teñen vínculos con Fene ou a comarca. O alcalde, Juventino Trigo, e o concelleiro de Cultura, Justo Ardá, entregarán os galardóns nun acto que comezará ás oito na Casa da Cultura. A entrega dos premios Curuxa do Humor é un dos actos conmemorativos do aniversario do Museo do Humor Xaquín Marín, no que tamén se enmarca o ciclo de monólogos “Novembro, Mes do Humor”, que consta de catro espectáculos para público adulto. Pepo Suevos será o primeiro en presentarse diante do público, co espectáculo titulado “A caída”. A entrada, tanto para a entrega dos Premios Curuxa como os monólogos, será de balde, previa recollida de invitacións cada venres, o mesmo día da función, a partir das 19 horas. 

 

Cultura

Publica o teu comentario agora