ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
“Se hoxe meu avó vivise estaría impresionado de que puidésemos ter unha tenda con 1.500 referencias de viños de distintas denominacións de orixe”, destaca Manuel Domínguez, actual propietario de Bodegas Barral. Ademais de viños, tamén podemos atopar aquí licores ou exclusivos produtos gastronómicos feitos en Galicia
“Bodegas Barral naceu en Betanzos das mans dos meus avós. Antigamente eramos produtores porque tiñamos viñedos en Betanzos e se traía viño da Mancha, se elaboraba e vendía. Hoxe en día xa somos unha distribuidora. Eu son a terceira xeración na que vendemos produtos xa elaborados”, explica Manuel Domínguez ao tempo que fai fincapé na importancia do asesoramento e á atención ao público. “No comercio estase a perder o tema da atención ao público. Aquí intentamos que todo cliente se vaia coa mellor percepción do noso negocio e quede satisfeito para que os que lle van á súa casa a comer e a cear queden sorprendidos”. En Bodegas Barral apostan polos produtores galegos. “Gústanos moito o tema dos queixos porque o queixo e o viño son moi afines. Traballamos, por exemplo, con Queixerías do Eume. Son produtos que non están en grandes superficies e que lle permiten esa exclusividade á xente”. Agora que se acerca o Día do Pai en Bodegas Barral contan con múltiples opcións para agasallar e sorprender. “Eu lle metería un par de botelliñas de viño, un queixo de Queixerías do Eume, un chourizo ou salchichón de Casa da Avoa, un par de patés e algo doce coma unhas galletas de Maruxas ou unha bica mantecada de Ourense para combinar ben o viño, o salgado e o doce”.
Na imaxe, Manuel Domínguez, propietario de Bodegas Barral.
Fotografía: Xarda.
Publica o teu comentario agora