Agasallos con amor

Agasallos con amor
12 de Febreiro, 2025 - 02:19 h. | Publicada por Radio Fene

Festexar o amor con un agasallo. Apostando polo comercio local. A dous días da celebración de San Valentín pedimos pistas de posibles regalos a Begoña López, da tenda o Baúl de Bego.

ESCOITA O PODCAST:

“Que a xente de Fene compre en Fene, no comercio local temos de todo sen necesidade de saír de aquí”, anima a propietaria do Baúl de Bego. Carteiras, bolsos, xerseis, saias e para homes calcetíns. Son ideas que nos dá para agasallar en San Valentín. “Temos os últimos coletazos das rebaixas e tamén mercancía da nova temporada que xa está chegando”. Para todas as idades e cun amplo abano de prezos, sinala e anuncia que para a nova temporada vén moito colorido.

Sociedade

Publica o teu comentario agora