Agasallos de Nadal

Nadal para todos
11 de Novembro, 2025 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello pon a disposición das familias con menos recursos un programa de axudas para garantir que non que queden nenos ou nenas en Fene sen agasallos polo Nadal. A coordinadora do departamento municipal de Benestar Social, Pilar Couce, informou sobre as axudas en Radio Fene.

ESCOITA O PODCAST:

As familias que atravesan un mal momento económico teñen dereito a axudas para que os seus fillos e fillas reciban agasallos de Nadal. Ten dereito a rapazada menor de dezaseis anos. Recibirán unhas axudas en pago único de 125 euros por menor. A renda per capita debe ser inferior aos 16.500 euros anuais. Pódense solicitar ata o día 18 de novembro.

 

Institucional

Publica o teu comentario agora