ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Todo ao longo do camiño de Santiago existían uns lugares onde cada peregrino tiraba una pedriña que, xunto cás deixadas polos outros, formaban montóns considerables. Estes lugares chamábanse “milladoiros”, testemuñas caladas dun tempo no que deica nós chegaron influencias e vibracións de toda Europa.
Ese é o nome que a mítica banda Milladoiro escolleu para si. 46 anos colocando pedras en forma de cancións neste milladoiro imaxinario que iniciaba a mítica banda naquel outono de 1978 no que se xuntaron para decidir o nome que habían poñerse e que deron a coñecer por vez primeira un 15 de maio de 1979 no Auditorio dos Salesianos da Coruña.
Persoas fundamentais da música galega teñen pasado pola formación de Milladoiro. A formación actual con Nando Casal, Xosé Ferreirós, Moncho García, Harry C, Manu Conde e Manu Riveiro seguen mantendo o espírito da banda e defendéndoo nos escenarios, porque segundo afirman “subir a un escenario é un acto que aposta pola longa vida dun tipo de música e, cecais, tamén dun tipo de vida. “
Case 50 anos dunha carreira profesional que ten aportado respecto e prestixio á nosa música tradicional nun momento no que era preciso reforzala e defendela, poñela no lugar que lle correspondía, en xusta correspondencia como eles mesmos afirman “á reafirmación e o recoñecemento a una herdanza que permaneceu fértil grazas a mans sen nome”.
Pepe Ferreirós, un dos fundadores da banda acompañounos en Sons de Nós para falármonos destes 46 anos de éxitos e si, tamén e sobre todo, de compromiso co noso.
Imaxes: Milladoiro.gal
Publica o teu comentario agora