Agradecemento á afección

Agradecemento á afección
05 de Maio, 2022 - 10:28 h. | Publicada por Radio Fene

O Maniños feminino proclamouse campión da Liga comarcal de fútbol sete. Empatou a pasada fin de semana co Discalzas de Cedeira no campo do Pote. O equipo visitante nada máis sacar de centro púxose por diante. As xogadoras do Maniños quedaron en shock e aumentaron os nervos iniciais. Na segunda parte, as rapazas centráronse e tomaron con máis calma. Leti marcou un bó gol e empatou o partido

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía: Cultural Maniños

 Ao final conseguiuse o obxectivo, o título de Liga, premio para o esforzo desplegado, segundo salienta o adestrador Carlos Gómez que agradece o labor de todas as xogadoras, da presidenta Puri Hermida e da afección. Ao Maniños quédalle un partido de Liga e logo comezará a Copa.

Deportes

Publica o teu comentario agora