Agradecemento a González Filgueira

Agradecemento a González Filgueira
08 de Outubro, 2021 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Este capítulo do podcast Os incurábeis está dedicado, a modo de agradecemento, xa póstumo pero vivo e eterno, a Xosé Luís González Filgueira, in memoriam, veciño histórico dos Castros, todo un referente humano que formaba parte da paisaxe e da paisanaxe da súa barriada, persoa entrañábel que inspirou o personaxe de Habano Dandi e dou o consentimento expreso para o seu tratamento literario, por deferencia ao autor desta obra e pola súa condición de lector empedernido e de seguidor da serie Sánchez Pereiro, da que gozou de forma especial coa primeira novela da saga, A antesala luminosa, e agardaba expectante a publicación desta terceira entrega, Os incurábeis, que non chegou a ver impresa como libro, nin emitida como radionovela ou podcast, por mor dunha moi mala xogada do destino, que acabou coa súa vida o dia 26 de agosto de 2020, aos 75 anos. 

ESCOITA O PODCAST:
Xosé Luis González Filgueira

"Nós entendemos o deporte como unha filosofía de vida" manifestou a psicóloga deportiva Madó González despois da carreira popular Coruña 10 celebrada o pasado 3 de outubro. Ela, xunto cos seus catro irmáns homenaxeou ao seu pai nesa proba. Desde que tiña 30 anos, o pai dos González Fernández tiña o costume de sair correr todas as mañás, segundo declarou a súa filla ao periódico dixital www.asnosas.gal 

 

 

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora