ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
A historia das relacións entre agrarismo e nacionalismo galego é un relato complexo. O historiador Justo Beramendi refírese en concreto ás actuacións das Irmandades da Fala e da Irmandade Nazonalista Galega. Este grupo tentará tender pontes por enriba mediante alianzas cos grandes lideres como Basilio Alvarez. Tradúcese na inclusión da demanda autonómica nas conclusións do Congreso Agrario de Tui de xullo de 1922.

En 1922, tamén en Tui, foron asasinados tres labregos por rebelarse contra o pago dos foros. Hoxe en día, un monumento en Guillarei honra a súa memoria. Lembramos os feitos:
O 27 de novembro de 1922, en Sobredo, xuntáronse 200 persoas da zona, acudindo á chamada das campás, para evitar un embargo decretado polo alcalde de Tui a un home que contaba cunha leira suxeita a foros. Ante a rebelión dos habitantes das parroquias de Tui, a Garda Civil acudiu para frear aos rebeldes. Ao chegar alí, comezou a disparar contra os labregos. O incidente deixou numerosos feridos e tres vítimas mortais: Cándida Rodríguez, Joaquín Estévez e Venancio González. Anos máis tarde, en 1932, tomouse a decisión de facer unha estatua en honra dos labregos mortos na revolta. O encargado desta tarefa foi Camilo Nogueira Martínez (autor doutras obras como o monumento ao emigrante da Praza de América de Vigo). Coa chegada do franquismo, a estatua foi dinamitada. Durante moitos anos, os mártires estiveron sen o seu monumento conmemorativo, ata que, en 1988, por iniciativa de entidades veciñais e culturais, se fixo unha reconstrución. Hoxe en día, o monumento aos Mártires de Sobredo é un dos máis atractivos de Tui a nivel cultural e, sobre todo, histórico. Porque a arte ten que axudarnos a non esquecer.
César Bravo.
Publica o teu comentario agora