Agresión contra o mural pola igualdade

Agresión contra o mural pola igualdade
02 de Xuño, 2021 - 01:15 h. | Publicada por Radio Fene

 Unha agresión machista sufriu esta noite o mural pola igualdade diante do centro de Servizos Sociais en San Valentín. Por riba das imaxes pintadas no pasado mes de marzo, persoas descoñecidas escribiron “Stop Axenda 2030 criminal”, puxéronlle aspas á reclamación de igualdade e enriba do símbolo feminista escribiron “Basta de odio aos homes”. A concelleira de Servizos Sociais Mari Carmen Martinez manifestou a Radio Fene o seu profundo malestar diante destes feitos.

Agresión contra o mural pola igualdade de San Valentín

A edil expresou a súa condena máis contundente a este tipo de ataques dunha actuación que pretendía unicamente reivindicar o valor de profesións feminizadas como as mariscadoras, enfermeiras ou outros oficios relacionados cos coidados. Para Mari Carmen Martinez os sucesos desta noite, reforzan que aínda falta moito camiño por recorrer para chegar a igualdade. Cualificou como intolerantes ás persoas que cometeron ese ataque a un símbolo de igualdade. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora