A agricultura de precisión

A agricultura de precisión

02 de Decembro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Son xubilados ou pre-xubilados pero se adican con agarimo á agricultura e máis ao cultivo de árbores froiteiras. A pequena agricultura, a agricultura de precisión,  o autoconsumo cobran cada vez máis importancia. Recoller as propias leitugas e tomates permite coñecer o que se come. Ademais do aforro, o traballo na horta favorece disfrutar do tempo libre.

Manuel Mesejo traballou moitos anos en Suiza. Alí coñeceu a importancia do traballo na horta. Ao retornar a Galicia, estableceuse en Fene. Hai catro anos, mercou unha terra no camiño do Balado en Sillobre. Él afógase no piso e non quere pasar toda a tarde diante da televisión. A horta dálle moita alegría.
Tamén Luis Pena, prexubilado e veciño de Ares, insiste nos beneficios do traballo agrícola. É unha maneira de pasar o tempo libre de xeito divertido.
Tanto Luis Pena como Manuel Mesejo insisten na importancia de formarse para sacar un mellor produto á terra. Cursos de poda ou de manexo de fitosanitarios son imprescindibeis, segundo afirman.

Sociedade