Agroglamour en Cans

Agroglamour en Cans
10 de Maio, 2023 - 06:12 h. | Publicada por Radio Fene

Cans é unha aldea do concello pontevedrés do Porriño que se fixo un lugar no mundo do audiovisual grazas ao festival que levan celebrando alí desde hai vinte anos. O agroglamour e os chimpíns son sinal de identidade deste festival que comezou como un remedo do Festival de Cannes e acabou consolidándose grazas ao entusiasmo e o apoio da veciñanza, moi implicada na celebración do evento. Keka Losada, presidenta da asociación cultural Arela, que organiza o Festival de Cans, falou en Radio Fene do programa e a marcha dos preparativos.

ESCOITA O PODCAST:

http://173.255.131.18/audio/100523LOSADA.mp3

Fotografia: Cedida por Festival de Cans

Máis de trinta estreas e vintecinco actuacións compoñen a programación do XX Festival de Cans. Vaise celebrar a semana que vén, do 16 ao 20 de maio, pero xa hai actividade previa esta fin de semana. Estrelas como a actriz Nathalie Poza, protagonista do filme “Honeymoon”, que abrirá o festival; do Premio de Honor Luis Zahera e outros como Javier Gutiérrez, María Vázquez, Diego Anido, Nerea Barros ou Tamar Novas daranse cita no festival. Dedicarase unha retrospectiva á directora franco-armenia Valérie Massadian, que viaxará a Cans para presentar parte da súa obra inédita en España. En total, nesta vixésima edición do festival proxectaranse cerca dun centenar de obras audiovisuais. No apartado musical, pasarán por Cans artistas como as Fillas de Casandra ou Tony Lomba e Elio dos Santos.

Cultura

Publica o teu comentario agora