Agustín Fernández Paz explora as “fronteiras do medo”

Agustín Fernández Paz explora as “fronteiras do medo”

02 de Xuño, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

Seis historias de misterio e terror compoñen As fronteiras do medo, a nova obra de Agustín Fernández Paz. O autor galego rende con estes contos, nomeadamente co titulado O pozo, homenaxe explícita a un dos mestres do xénero, Howard Phillips Lovecraft, coincidindo co 75 aniversario da súa morte. Malia estar publicado nunha colección xuvenil por Rodeira, Fernández Paz coida que, como outros libros seus, esta proposta literaria resultada

Nos seis relatos que compoñen esta obra o autor, asegura, explora as fronteiras do medo. “Trato de introducir elementos novos a un xénero que está xa moi codificado”, explica. Todas as historias están narradas en primeira persoa e ambientadas en Galicia. “Estamos afeitos a que as historias de medo pasen en contextos diferentes ao noso”, reflexiona Agustín Fernández Paz. Outro dos puntos en común entre a media ducia de contos de As fronteiras do medo é a súa breve duración, xa que entende que as historias de terror "aguantan mal as distancias longas".

Cultura