ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O escritor Agustín Fernández Paz fixo pública esta tarde a súa decisión de non aceptar o Premio da Cultura Galega concedido pola Xunta de Galicia na categoría das Letras. O literato remítese a un comunicado de Prolingua do pasado 8 de outubro, no que se afirmaba que "nin a actual Xunta nin o seu Presidente, responsables ante a Historia de lexislaren por vez primeira contra a nosa lingua, e polo tanto contra o marco xurídico e fronte ao consenso
Fernández Paz gañou no ano 2008 o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. No fallo do xurado, que presidiu o conselleiro de Cultura, Roberto Varela, subliñouse que os sete galardoados contribuíron ao coñecemento no exterior da cultura galega. A "exportabilidade" da nosa cultura é unha das liñas mestras das declaracións públicas do actual Goberno. Na categoría de Letras foi premiado Agustín Fernández Paz, escritor. O seu nome foi proposto polo Consello da Cultura pola súa longa traxectoria literaria.
En Artes Plásticas, a premiada é Menchu Lamas, proposta tamén polo Consello da Cultura, e recoñecida polo desenvolvemento de recursos expresivos e investigación de linguaxes propias. No eido das Artes Escénicas, o premio recaeu en Eduardo Alonso. A proposta partiu de Escena Galega e outras tres entidades pero tampouco foi unánime a escolla por parte do xurado.
A Fundación Barrié de la Maza obtivo o Premio ás Iniciativas a prol do Patrimonio Cultural polo seu traballo de catalogación e recuperación patrimonial. Foi proposta polo Consello da Cultura. Unánime si foi o fallo na categoría de Promoción Cultural. A Editorial Galaxia recíbeo pola expansión e difusión da cultura galega no exterior.
Tamén por favorecer a expansión da música galega, tanto dentro como fóra de Galiza, foi premiada a Orquestra Sinfónica de Galicia no apartado de Artes Musicais. A proposta fora da Academia de Belas Artes Nosa Señora do Rosario. O outro premio unánime foi na categoría de Creación Audiovisual para Vaca Films, por considerar o xurado que foi quen de crear unha linguaxe de calidade, con personalidade propia pero con capacidade de se integrar nos escenarios internacionais. A empresa é produtora de Cela 211, entre outros títulos de cinema.
Os premiados recibirán unicamente un diploma acreditativo e unha escultura "dun recoñecido artista galego".