ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Queridos oíntes, presentámosvos un novo capítulo, o sexto, deste podcast homenaxe a a Alfonso Daniel Rodriguez Castelao e á súa obra "Os vellos non deben de namorarse".

Cheguei ao lugar do deceso – non natural – xustiño de tempo: alí estaba o boticario, morto xa e derrubado nun sofá.
As miñas palabras estaban de máis, como todas as que se din neses casos:
Xa estou aquí.
Chegas tarde
....
Esta adaptación radiofónica está guionizada por Antonio Tizón, dirixida por Eugenia Sanmartín e conta cunha banda sonora composta por Antón Ramos. Máis de 20 persoas de equipo artístico e técnico deron vida a esta obra de Castelao.
Interveñen como actores e actrices por orde de aparición: Rogelio Arias, Sonia Parra, Antón Cortizas, Mariola Hermida, Carme Romero, Helga Méndez, Ana Santiago, Vicky Sas, Odoluscofusco, Angel Simón e Manolo Bacalhao. No apartado técnico Lorena Teijeiro, Luis Caldevilla e Xavier Fernández.
Na imaxe, Helga Méndez
Fotografía: XanXe
Publica o teu comentario agora