ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Aínda non se botou o telón á primeira fase das ligas de fútbol afeccionado. Á falta dun partido, o Maniños xa se proclamou campión do seu grupo da Primeira Galicia, e o Perlío aínda segue vivo, pero con poucas posibilidades. Na Segunda Galicia, o Barallobre tivo moitas imprecisións. O Maniños B xogarase máis que tres puntos a vindeira fin de semana na súa visita a Miño.
Avultada derrota e o pior partido
“A pesar da avultada derrota, as sensacións tras o partido non son malas, porque nos marcaron catro goles a balón parado” indica o adestrador do Barallobre Óscar Varela. A S.D. Barallobre tivo imprecisións cara a portería contraria e fallou un penalti despois do descanso cando o partido estaba 0-2. Na Segunda Galicia de fútbol, en partido xogado no campo do Ramo, Barallobre 0 – 5 Cebarca.
“Podemos considerar como o peor partido do ano no peor momento posible” apunta o míster do Maniños B Manuel Freire. Non fomos quen de manter ningunha parte con intensidade. “Relaxámonos de máis e cometemos erros infantís”. Maniños B 4 – 5 Cariño. “Aínda temos opcións de poder meternos no grupo dos tres primeiros” sinala Freire.
O Maniños campión e o Perlío segue vivo
Aínda non se botou o telón á primeira fase da Primeira Galicia de fútbol, e o Cultural Maniños xa se proclamou campión do seu grupo. Participará na segunda fase no grupo de ascenso á Preferente Galicia. “E un premio extraordinario” manifesta o adestrador Pablo Mesa. No partido desta xornada, debutou un xuvenil e o terceiro porteiro Pablo. O Maniños xa non acudiu con mentalidade de competición. Maniños 0 – 6 Eume deportivo.
“Fixemos moi mal partido, estivemos moi imprecisos, malas decisións e non somos quen de achegarnos á portería rival ata o minuto 35” manifesta o adestrador do Perlío Chechu Piñeiro.
O porteiro do Miño cun gol en propia meta, empatou o partido, pero nunha contra na metade da segunda parte,volve adiantarse o equipo visitante. Na Primeira Galicia de fútbol. Perlío 1 – 2 Miño.
O Perlío é quinto con 28 puntos e aínda está vivo na competición, “pero entrar no grupo de ascenso está moi difícil, por non dicir imposible”.
Publica o teu comentario agora