Aire fresco

Aire fresco
10 de Xuño, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Melodías suaves, bucles vocais, percusións marcadas e atmosferas rascadas son elementos esenciais da súa expresión artística. Eles son LaMontagne e PicoAmperio, a excelente fusión da vangarda e a tradición. No programa Sons de Nós de Radiofusión falamos con Laura LaMontagne. Aquí podes escoitar a entrevista completa.

ESCOITA O PODCAST:

Un total de oito temas compoñen o seu primeiro disco titulado ‘Algo que sinalar’ sobre o que falamos con Laura LaMontagne. “Pensamos... esa sabedoría universal que está nas cantigas, eses sentimentos universais que se seguen sentindo hoxe en día, como soarían?”. O vindeiro 21 de xuño actuarán no Teatro Colón da Coruña. “Tocar no teatro Colón impón pero nos fai moita ilusión ter ese espazo para nós e que conten con nós para o Día da Música”, afirma con emoción a artista lucense ao tempo que amosa a súa ledicia polo gran momento que está a vivir a música en galego. “Admiro cada proxecto que está xurdindo. Me da que hai unha apertura de perspectiva e un aire fresco que facía falta e que á miña xeración nos está dando moitas ás para voar”.

Na imaxe, Laura Lamontagne e Pico Amperio.

Fotografía: ©Polaride

Cultura

Publica o teu comentario agora