ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Airiños de Fene chega, por fin, a Ferrol. Actúa por primeira vez en 37 anos, no Teatro Jofre, onde vai presentar “O Camiño” o venres día 4, ás oito da tarde.

Esgotáronse as invitacións nun día para ver o espectáculo “O Camiño” co que Setestrelo de Airiños de Fene se presenta no Jofre. “Unha satisfacción” pola resposta cidadá, recoñece o presidente de Airiños, Valentín García Modrón. Case unha trintena de persoas participan no espectáculo, apunta Fernando Tomás Cunha Miñán, secretario da entidade. Agradecen a colaboración de todas as persoas que axudaron á creación dun espectáculo que naceu en 2019, presentado en Fene no que foi unha especie de ensaio xeral. Concibido como unha viaxe polo Camiño Inglés acabou sendo unha viaxe polos distintos camiños que levan a Compostela. Na posta en escena, música, canto, presentacións teatralizadas e pezas audiovisuais.
Publica o teu comentario agora