Al Vila contraataca en Ferrol

Al Vila contraataca en Ferrol

25 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Despois do concerto da semana pasada no Pub Santo Pecado, o cantautor Al Vila volve ofrecer concerto en directo na cidade departamental. Nesta ocasión, Fausto darálle un toque pop-rock (ou porró) á música dun dos intérpretes máis coñecidos e exitosos da zona. Actuará o venres 28 no Pub Balancé, na rúa do Sol, 163 de Ferrol.

O concerto no antigo café Colonial comezará arredor das 12,30 da noite. Al Vila tocará pezas dos seus dous discos en solitario e tamén algún que outro tema inédito. Despois da actuación o músico collera a guitarra e emprenderá viaxe, dado que ten un bó feixe de actuacións comprometidas ao longo do mes de setembro na zona do Levante e de Andalucía.

Sociedade