Alberte Ansede: Pouco di dunha forza política o recurso á mentira

Alberte Ansede: Pouco di dunha forza política o recurso á mentira

27 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

Pouco di dunha forza política, o recurso á mentira, á falsedade e ao infundio, afirma o secretario de Organización do BNG Alberte Ansede. Aludia dese xeito ás manifestacións do presidente da Deputación de Ourense José Luis Baltar quen acusou de maltratador ao candidato do BNG Anxo Quintana.

Segundo Ansede, o Partido Popular coa súa campaña lixo quere extender a idea da política como unha actividade indigna. Pretenden desmotivar ao electorado e volver ao poder aproveitandose da abstención.

Nas últimas horas, o dirixente dos populares ourensáns Jose Luis Baltar tamén se despachou chamando maricón, pufeiro e lercho ao candidato do PSOE por Ourense e conselleiro de Medio Ambiente Manuel Vazquez. Horas máis tarde o dirixente do PP Alberto Núñez Feijoo pediu disculpas e afirmou non compartir o emprego dese tipo de insultos na campaña electoral.

Sociedade