Alcaldes e alcaldesas anuncian cambio de ciclo

Alcaldes e alcaldesas anuncian cambio de ciclo

13 de Xuño, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

As Corporacións locais constituense nesta xornada. Máis dun millón de cidadáns de Galicia cambian hoxe de alcalde. En Lugo o pleno comezou ás dez desta mañá. Lara Mëndez (PSOE) logrou a alcaldía de Lugo co apoio de BNG e Lugo Novo, tras a renuncia de José Clemente Löpez Orozco. Das sete grandes cidades, as mareas gobernan en tres (A Coruña, Santiago e Ferrol) o PSOE en dúas (Vigo e Lugo) o BNG en Ponteved

O primeiro alcalde en ser elexido foi o de Sober, na Ribeira Sacra. A sesión realizouse ás doce e un minuto da pasada noite e alcalde e concelleiros brindaron con viño de Amandi.

"A praza entrou no pazo" afirmou o novo alcalde da Coruña Xulio Ferreiro resumindo a maré de ilusión que esta mañá se viviu na praza de María Pita. A democracia participativa e a transparencia na xestión presidirán o mandato en Compostela segundo o alcalde Martiño Noriega. Tamén similares propósitos expresou o alcalde de Ferrol Jorge Suárez.

 

Sociedade