Alcaldesas e concelleiras

Alcaldesas e concelleiras
05 de Marzo, 2026 - 05:34 h. | Publicada por Radio Fene

Menos da cuarta parte das alcaldías galegas, o 22%, están ocupadas por mulleres. Fene é un deses poucos concellos que ten alcaldesa, Sandra Permui. Nas vésperas do Día da Muller, a Corporación municipal de Fene debate este xoves unha declaración institucional da que informou no espazo As Foxas de Radio Fene o voceiro do BNG e primeiro tenente de alcaldesa, Manuel Polo. 

ESCOITA O PODCAST:

O Goberno local de Fene leva ao Pleno da Corporación a declaración aprobada por unanimidade na Federación Galega de Municipios e Provincias, que pon en valor o papel das mulleres, alcaldesas e concelleiras, na esfera de poder municipal. As mulleres con bastón de mando aínda son minoría nos concellos galegos, pero algo avanzouse. “Faltan mulleres en cargos públicos, aínda que no caso de Fene a evolución é claramente favorable, lembro algunha corporación practicamente so masculina, hoxe hai máis mulleres que homes e unha alcaldesa”, apunta Manuel Polo. Destacou tamén que o BNG leva una moción ao pleno reclamando á Xunta a creación dun Instituto Galego das Mulleres e que desde a Xunta se promovan e planifiquen Centros de Información da Muller, para que non sexan de centros con persoal en precario e que funcionan se hai subvencións.

Institucional

Publica o teu comentario agora