ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
40 nenas e nenos participan durante este mes de xullo no campamento de conciliación do Concello de San Sadurniño. A rapazada xoga e aprende na Aldea de Verán 2026.

Durante a quenda de xullo son 40 as nenas e nenas que aprenden e xogan na Aldea de Verán de San Sadurniño, mentres que para agosto xa hai 24 inscricións confirmadas. En moitos casos trátase de rapazada que repite experiencia, unha circunstancia que pon de manifesto a boa acollida que ten esta iniciativa entre as familias. No campamento socio-educativo promovido pola área municipal de Igualdade do Concello de San Sadurniño para favorecer a conciliación das familias durante as vacacións escolares. Ao longo das mañás, a rapazada combina xogos, deporte, obradoiros creativos e actividades ao aire libre nun programa que este ano ten como fío condutor o medio ambiente. A través del descobren a riqueza natural do municipio mentres traballan valores como a igualdade, a corresponsabilidade, a autonomía persoal e a xestión das emocións.
Publica o teu comentario agora