A alegría do fútbol

A alegría do fútbol

21 de Abril, 2016 - 12:00 h. | Publicada por

“Ë o bonito e a alegría do fútbol” afirma o segundo adestrador do Maniños Uxío Romero. Maniños 50. Narón 48 Caranza 46. Restan tres partidos da Segunda Autonómica e o ascenso da categoría ainda depende dun fío. O Maniños conta con dous e catro puntos de ventaxa e depende de sí mesmo. Pero media liga xa se resolverá este domingo no campo do Pote. Enfrontanse alí o Maniños e o Galicia de Car

Rubén e Casteleiro son baixa case segura no Maniños por lesións. Ademais ata o sábado os técnicos non saberán se hai algunha outra ausencia por motivos laborais. “Xa sabiamos desde hai tempo que iamos chegar ás ultimas xornadas co ascenso e a promoción sen decidir” indica Uxío Romero.
O pronóstico do tempo non anuncia moitas choivas de aquí ao domingo, polo que se espera que o campo presente unhas condicións aceptables para a práctica do fútbol. Maniños – Caranza. Este domingo ás cinco da tarde no Pote.

Deportes