ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Unha fermosa e colorida obra artesá incorporouse este ano á decoración do Nadal en Fene.
Pepa López e Mari Vilariño, dúas das mulleres que botaron moitos meses ganchillando para facer o abeto instalada nas proximidades da Casa do Concello acudiron a Radio Fene acompañadas pola concelleira de Promoción Económica, Ángeles Coira. “Pensamos que quedou vistoso”, din as artistas.
“Un traballo marabilloso, moi de agradecer”, sinala a concelleira. A árbore de Nadal non para recibir eloxios. Saíu das mans de 11 mulleres, algunha delas, como Pepa, non sabía facer gancho antes de meterse na aventura, que comezou na primavera. Foi a raíz dun programa de radio dedicado aos ODS sobre a importancia de reciclar. “Non aprende quen non quere”, di Mari. Contaron coa colaboración de 2 homes, “un axudou moito a novelar e outro fixo a estrela”, recoñece Pepa.
“O que máis nos estresou foi montalo, poñer e quitar para que cadrara, había que mirar antes de coser”, explican. Tanto ganchillaron que lles sobraron aplicacións. A árbore ten 1.200. As 200 que lles sobraron son para dúas árbores máis pequenas, unha na Liga de Barallobre e outra no lugar do Penedo.
Publica o teu comentario agora