Alerta por temperaturas de ata 39 graos durante a fin de semana

Alerta por temperaturas de ata 39 graos durante a fin de semana

24 de Xuño, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

O verán entra con alerta laranxa por altas temperaturas en Galicia. A Dirección Xeral de Emerxencias activará a alerta a partir das dúas da tarde do sábado por un fenómeno meteorolóxico adverso que podería traer temperaturas de ata 39 graos no sur da provincia de Lugo e tamén nos municipios de Ourense á beira do río Miño. Ademais hai alerta amarela no interior da provincia da Coruña e

Cóntase con que a situación se prolongue ás horas centrais do domingo. Emerxencias recomenda á poboación que siga medidas de autoprotección, como limitar a limitar a exposición ao sol, utilizar protector solar, estar o maior tempo posible en zonas sombreadas e usar pezas de roupa claras e lixeiras, así como inxerir abundantes líquidos.

Sociedade