Alerta vermella pasa a amarela

Alerta vermella pasa a amarela
02 de Novembro, 2023 - 11:31 h. | Publicada por Radio Fene

A alerta vermella pasou a alerta amarela ás once da mañá deste xoves dous de novembro. Protección civil recomenda  moita precaución en todo o litoral. Ciarán provocou en Fene caídas de árbores e numerosas interrupcións no subministro eléctrico das vivendas. En San Valentín a caída dunha árbore nas inmediacións do pavillón levantou o pavimento. En Fonte do Campo un poste da empresa eléctrica caeu enriba do peche dunha vivenda. Na avenida Naturais de Fene unha árbore caeu enriba dun vehículo estacionado. 

ESCOITA O PODCAST:

Tamén a borrasca causou a avaría nos sistemas de semáforos da Avenida Naturais de Fene. A regulación do tráfico restableceuse arredor das once da mañá. En Punta Candieira en Cedeira o vento acadou os 136 quilómetros á hora ás oito desta mañá. O vento tamén desmantelou o rompe ondas do peirao de Barallobre, segundo un aviso recibido por 112 ás 11,30 da noite de onte.  Moitas incidencias pero non houbo danos persoais no balance do temporal esta noite e esta mañá. O vento azoutou con forza. Avións suspendidos nos aeroportos de Santiago e da Coruña e o tren entre Ferrol e A Coruña tamén suspendido por Renfe por precaución ante posíbeis caídas de árbores. . Xornada de ventos de 70 quilómetros por hora e chuvias intensas agardase para esta tarde. Mañá venres amaina o temporal pero o sábado entrará de novo unha borrasca.

A concelleira de Seguridade de Fene Sandra Permui pide precaución e paciencia á cidadanía.

Institucional

Publica o teu comentario agora