ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
As alerxias primaverais afectan a máis do 20% da poboación segundo os expertos e non son exclusivas dos humanos. Tamén cans e gatos as padecen. De alerxias e outros temas como a previsión dos coidados por se faltara o titor falamos esta semana en Radio Animal coa veterinaria etóloga Noemí Graña.

“Igual que nós”, cans e gatos poden sufrir alerxias ambientais, a plantas, ao polen, explica Noemí. “Barriga irritada ou rubia, se se lambe moito porque lle pica, son pruritos moi relacionados coas gramíneas e o polen”. Se teñen alerxia tamén poden padecer conxuntivite ou otite. Noemí advirte de que “hai que ter moito coidado nestas épocas coas espigas, vixiar que non teñan cera escuro nos ouvidos, e que non se rasquen moito a barriga”. Lembra que neste tempo “florecen as pulgas, atención se o gato se rasca moitísimo pola cabeza e o can polos cuartos traseiros, porque as pulgas non se soen ver, son moi rápidas, se ves dúas é que hai duascentas”.
Pensando no futuro
As estatísticas reflicten que a poboación de cans e gatos vai en aumento e Noemí opina que os concellos non están aínda preparados para atender este fenómeno. “Sería fantástico que houbera formación para os titores” para mellorar a convivencia en sociedade. Tamén explicou que garantir os coidados dos animais no futuro “xa é unha prioridade para os titores, saber que se eu falto vai ter os coidados suficientes, hai quen ten isto falado e deixa no testamento unha persoa encargada ou un peto para que estea ben atendido se falta”.
Publica o teu comentario agora